Reportaxe sobre a pobreza en Santiago de Compostela

GUIÓN DE NOTICIA REPORTAXEADA

A noticia reportaxeada xira en torno a unha das maiores lacras sociais da actualidade, a pobreza, en particular na área de Santiago de Compostela. Nun momento no que se nos dí que xa estamos deixando atrás a crise económica, os desafiuzamentos, a pobreza enerxética, ou a incapacidade de comprar sequera os máis básicos bens de consumo son un drama para miles de rostros anónimos que literalmente loitan por sobrevivir. Por iso paréceme necesario afondar nunha realidade que moitos creen moito máis lonxo do que realmente está, e na labor daqueles organismos, que dende un ámbito ou outro, que traballan duramente para combatila.

 

OBXECTIVOS

Con esta investigación pretendo coñecer mellor esta realidade social que para moitos é totalmente invisible, xa que por varias razóns é levada en secreto por moitos dos que da padecen, por medo á marxinación social. Coñecer máis aló de datos estadísticos, cal é a loita destas verdaderas víctimas do sistema para saír adiante e o día a día de quenes traballan con elas. Tamén coñecer a evolución da pobreza a través de 7 anos de crise económica e de austericidio por parte do goberno, examinando así a suposta recuperación que anuncian dende arriba.

Pretendo asimesmo investigar cal é o perfil da xente pobre, que moitas veces asociase simplemente a vagabundos, xente vella sen ningún tipo de formación ou familia, inmigrantes irregulares ou drogodependentes. Este perfil atópase sen dúbida desfasado e corresponde ós prexuízos que temos sobre unha situación, por desgracia, moi normal e cercana. Por último, paréceme tamén interesante a perspectiva da xente que traballa coa pobreza sobre o proceso de cambio político que estáse a desenvolver tanto a nivel galego como estatal.

 

XUSTIFICACIÓN

A pobreza é todo un drama social de gran relevancia e de permanente actualidade, a pesar de que moitos expertos apuntan a que é un problema evitable. Que se fai para combatir a pobreza e que se podería e debería estar  facendo, especialmente dende as institucións do estado? Para ello faise esencial coñecer a perspectiva da xente cercana a este problema e que traballa con el. Ademais, fai falla evidenciar que é unha realidade que nos toca moi de cerca. Miles de veciños, xente común que pasea polas calles de Santiago de Compostela, máis dos que creemos, esta afectada dunha ou doutra maneira.

 

METODOLOXÍA

Para a noticia reportaxeada, empregarei principalmente documentación accesible dende internet, en especial as páxinas oficiais das principales organizacións que loitan contra a pobreza en Santiago de Compostela. Asimesmo, consultarei prensa de diversos medios que cubra o tema ó longo de toda crise, dende os seus inicios ata os supostos brotes verdes que parecen manifestarse agora nos datos macroeconómicos. Inicialmente contaba con realizar entrevistas a diferentes personas vinculadas coa pobreza e as organizacións, pero a dificultade de contactar en persoa coas fontes foi maior da esperada. Por iso, este tipo de material será incluido extensamente no posterior reportaxe.

 

 

ESTRUCTURA

A noticia reportaxeada constará de: un texto introductorio; unha sección dedicada ó tema da vivenda e os desafiuzamentos; unha segunda sección sobre a atención ós sen teito; unha última sección sobre os comedores sociais; e unhas conclusións sobre o tema reportaxeado.

 

FONTES

As principais fontes que empregarei na noticia reportaxeada serán varios das principais asociacións contra a pobreza que operan en Santiago de compostela: o colectivo Stop Desahucios Santiago de Compostela, vinculada á Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH); o albergue Juan XIII no convento franciscano; a Cociña Económica de Santiago, operada pola congregación relixiosa das fillas da caridade; Cáritas de Santiago de Compostela, que opera un albergue para sen teito entre outros; e outras asociacións cívicas que loiten día a día contra a pobreza na capital galega.

Anuncios

2 thoughts on “Reportaxe sobre a pobreza en Santiago de Compostela

  1. Título, non. Introdución, asunto e contexto moi xeral, non de Compostela. Obxectivos, quizais moitos. Xustificación, acorde. Metodoloxía, imprecisa e indefinida. Fontes: incorrectas. Aquí hai que referenciar os materiais documentais que se usan (xornais, libros, películas, fotografías, etcétera) e na metodoloxía hai que especificar fontes personais e documentais, pero relatando a súa importancia e elaborando as preguntas que se farán.

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s